Leiceaga anuncia que concorrerá ás primarias do PSdeG

Leiceaga anuncia que concorrerá ás primarias do PSdeG
Xoaquín Fernández Leiceaga
Xoaquín Fernández Leiceaga  Foto: Pradero

Co anuncio feito este sábado, Fernández leiceaga súmase a Gonzalo Caballero e Díaz Villoslada na carreira para liderar o socialismo galego.


Era un segredo a voces que este sábado se converteu en confirmación: Xoaquín Fernández Leiceaga concorrerá ás primarias que o PSdeG realiza o vindeiro 8 de outubro. O portavoz parlamentar dos socialistas galegos anunciou a súa decisión en Compostela, sumando así o seu nome aos do militante Gonzalo Caballero, e o deputado Juan Díaz Villoslada na carreira por liderar o socialismo galego.

militancia decidirá quen debe asumir a secretaria xeral da formación nunha votación que terá lugar o 8 de outubro. O Congreso Nacional, que ratificará a decisión da afiliación, decorrerá os días 27, 28 e 29 do mesmo mes.

Fernández Leiceaga manifestou a súa intención de se presentar a estas primarias cunha candidatura sen "tutelas" nin "etiquetas" e que terá como alicerce  conseguir un partido "forte" que recupere "a hexemonía" da esquerda para a través do diálogo con outras formacións erguer unha alternativa ao PP.