Leiceaga a Villares: “Se En Marea quere ennoivar co BNG que non use o PSdeG de carabina”

Leiceaga a Villares: “Se En Marea quere ennoivar co BNG que non use o PSdeG de carabina”
Xoaquín Fernández Leiceaga
Xoaquín Fernández Leiceaga  Foto: Pradero

O portavoz parlamentar socialista rexeita a proposta do líder de En marea para unha plataforma única das forzas de esquerda en Galiza para o Senado.


 A proposta que Luis Villares lanzou esta fin de semana para constituír unha plataforma única das forzas “progresistas” en Galiza de cara ao Senado xa recibiu o non d PSdeG. O portavoz parlamentar dos socialistas, Fernández Leiceaga, pediu que “aqueles que queiran ennoivar co BNG con nos empreguen a nós como carabina”. Non foi a única mensaxe que Leiceaga dirixiu a En Marea, á que instou a “poñer orde na súa casa”  antes de “ampliar a desorde”.

Leiceaga insistiu en que PSdeG ten un compromiso “co estatuto e a constitución”  e que isto marca as relacións das e dos socialistas para chegar a acordos con outras forzas. Respecto ao 28A, o portavoz socialista sinalou que non queren marcarse límites en Galiza en canto a resultados, apuntando a un aumento de porcentaxe de voto e de representación do PSdeG.



x