FANO COMO TESTEMUÑAS EN RELACIÓN AO PROCESO CONTRA CAUSA GALIZA

Lobeira declarará esta terza feira perante a Audiencia Nacional e Vence, a vindeira segunda


Lobeira declarará esta terza feira perante a Audiencia Nacional e Vence, a vindeira segunda

A declaración do secretario de Organización do BNG, Bieito Lobeira, perante a Audiencia Nacional, en plena campaña eleitoral, vai ser finalmente esta terza feira apartir das 12 horas.

En primeira instancia, a Audiencia Nacional chamara o portavoz nacional e o secretario de Organización do BNG -Xavier Vence e Bieito Lobeira, respectivamente- a compareceren esta segunda feira 14 de decembro para, en calidade de testemuñas, prestar declaración en relación ao proceso seguido contra Causa Galiza.

Ambos dirixentes solicitaron o aprazamento das súas comparencias. A Audiencia Nacional optou daquela por chamar a Lobeira esta terza feira e a Vence, a próxima segunda feira, isto é, o día despois da xornada eleitoral.

O secretario de Organización do BNG -organización que concorre ás xerais baixo a marca Nós Candidatura Galega en coligazón coa FOGA, o PCPG, o Partido Galeguista e Coalición Galega- convocará os meios ás portas da Audiencia Nacional para valorar a súa declaración perante o xuíz Eloy Velasco e as circunstancias que a contextualizan.