PSdeG exixirá que Feijóo explique as posibilidades reais dos estaleiros galegos con Pemex

PSdeG exixirá que Feijóo explique as posibilidades reais dos estaleiros galegos con Pemex
Abel Losada, voceiro do PSdeG
Abel Losada, voceiro do PSdeG  
Abel Losada empraza a Núñez Feijóo a explicar no seu discurso de investidura, cales son as posibilidades reais dos estaleiros galegos na construción dos floteis de Pemex. Aliás, asegura que o grupo parlmentar defenderá a pluralidade na composición da Mesa parlamentar á fin de que todos os grupos políticos estean representados

O portavoz do Grupo Parlamentar socialista, Abel Losada, ofreceu esta mañá unha rolda de prensa na que volveu abordar os polémicos contratos con Pemex que marcaron a campaña electoral do pasado 21-O. Desta volta, Losada amosou unha nota recollida polo grupo de comunicación mexicano Sipse, en que se recoñece que a petroleira mexicana Pemex presentará unha licitación --que podería ser por convite restrinxido-- para a contrución de dous buques floteis. Segundo a prensa mexicana, Carlos Morales Gil, director de PEP, asegurou en diversas ocasións que a petroleira recibira catro propostas --polo momento-- de catro empresas, entre as que se atoparían os estaleiros galegos.

Neste senso, Losada asegurou que "ogallá toda a construción se faga en Galiza", porén, e diante do posíbel carácter restrinxido do concurso, emprazou ao que será investido como presidente da Xunta a "dar explicacións no Parlamento" e mesmo aproveitar o seu discurso de investidura para dar conta das posibilidades reais dos estaleiros galegos na licitación.

Apoio á Folga Xeral de mañá

O voceiro parlamentar do PSdeG-PSOE, Abel Losada, iniciou a súa comparecencia amosando o apoio [email protected] socialistas [email protected] á convocatoria de Folga xeral, que terá lugar a cuarta feira. Neste senso, Losada asegurou que a política que están a desenvolver os gobernos galego e español constitúe "un suicidio económico", apelando así á lexitimidade da convocatoria.

"Ese mantra neo-liberal que xa ninguén defende", aseverou Losada, está a servir de guieiro á filosofía económica do Partido Popular, cuxo obxectivo segue a ser "o défice cero". Pola contra, dixo o socialista, "desde a esquerda e a social-democracia defenderemos uns servizos públicos de calidade" e por iso asegurou, a militancia do PSOE participará nas mobilizacións convocadas para o 14 de novemebro.

Losada: "A política do PP é un suicidio económico"

Losada di que pularán pola "pluralidade" na composición da mesa parlamentar

A respecto da composición dos órganos do Parlamento Galego,  Abel Losada, transmitiu o parecer do PSdeG, perante a proximidade da constitución parlamentar. Neste senso, avanzou que o grupo parlamentar socialistas "respectará ao máximo a vontade popular" e pulará porque todas as formacións --catro neste novo curso político-- posúan cadanseu asento na Mesa. No entanto, Losada amosouse convencido de que o Partido Popular "aplicará o rodillo" e aproveitará a súa maioría absoluta para saír beneficiado no reparto.

Asemade, o voceiro [email protected] socialistas asegurou que non existía ningún acordo previo entre as formacións da oposición a respecto da composición da Mesa e repasou "desde unha perspectiva histórica" a composición deste órgano en que --desde a aprobación do Estatuto de Autonomía-- só unha formación (Coalición Galega) ficara fóra do reparto.