Luz verde do Parlamento á proposta do Bloque para que non haxa quitas

Luz verde do Parlamento á proposta do Bloque para que non haxa quitas
Manifestación ás portas do Parlamento
Manifestación ás portas do Parlamento  SG

O Partido Popular apoia a toma en consideración da Proposición de Lei presentada polo BNG a prol da devolución íntegra dos aforros @s [email protected] polas preferentes. Francisco Jorquera "congratúlase" do voto favorábel mais "con cautelas" e á espera de ver "que fan pola tarde no Congreso". Imaxe: Zapa


A Cámara galega aprobou esta terza feira a tramitación dunha reforma lexislativa encamiñada á devolución íntegra dos aforros [email protected] [email protected] polo calote das preferentes. A iniciativa --presentada polo BNG-- será debatida esta tarde no Congreso español. O voto favorábel do grupo popular foi parabenizado polo portavoz nacionalista, Francisco Jorquera. Porén, o voceiro do Bloque advertiu "a ver que fan pola tarde no Congreso". 

O calote das preferentes atinxe a 85.000 persoas e máis de 1.800 millóns de euros na Galiza

O Parlamento de Galiza aprobou por unanimidade instar ao Congreso español a modificar a lei 9/2012 de reestruturación e resolución de entidades de crédito pola que se aprobou a quita para as persoas estafadas. Segundo o voceiro do Partido Popular, o seu voto favorábel á toma en consideración responde ao seu apoio aos máis de 80.000 [email protected] que foron "enganados". 

Desde o Bloque, AGE e PSdeG denunciaron que a Xunta de Galiza e o Partido Popular apoiaran este "timo masivo" que consideraron unha verdadeira "traxedia social". 

[email protected] ás portas do Hórreo
Centos de persoas afectadas pola fraude das participacións preferentes e subordinadas manifestáronse ás portas do Pazo do Hórreo coincidindo co debate e votación da Proposición de Lei. O portavoz do BNG, Francisco Jorquera lembrou na súa intervención algún dos "dramas persoais" que se agochan tras dos "dados estatísticos", salientou. Aliás, o voceiro nacionalista recoñeceu que a súa familia tamén foi vítima desta estafa logo de que o seu pai abrise unha conta de aforro "a nome do seu neto". Hai poucos días, denunciou Jorquera, advertírolle que "os 600 euros" depositados foran convertidos en participacións preferentes sen lles ser informado. 

A quita prevé perdas medias do 47% dos aforros para [email protected] das preferentes e do 41% para as subirdinadas

Desta maneira Fracisco Jorquera denunciaba "o roubo" empregado polas entidades financeiras para se recapitalizaren "botando man dos depósitos dos clientes". Un roubo, dixo que foi "legalizado" polo Goberno español a través da aprobación da Lei 9/2012 coa que agora "se lles impón unha quita", sentenzou. "Vostedes imaxínanse que no Chicago dos anos 20 e 30 cando os gangsters cometían estafas fosen os gobernos os que sacasen unha lei para chantaxear aos afectados?", preguntouse o portavoz da Alternativa Galega de Esquerda (AGE), Xosé Manuel Beiras. "Pois é o que fixeron", denunciou. 

Os grupos da oposición criticaron con dureza o papel xogado polo Partido Popular "na comercialización" destes produtos financeiros e nas condicións impostas polo memorando de entendemento que sucedeu ao resgate financeiro da banca española e galega. "Os estafados xa saben a estas alturas quen autorizou a súa comercialización e quen ten a competencia para solucionar o problema", advertiu a socialista Carmen Gallego desde o plenario ao tempo que emprazou @s [email protected] populares a se "redimiren" [email protected] [email protected] apoiando a Proposición de lei presentada polo BNG. 

O Bloque defendeu a Proposición de lei como unha "necesidade" a prol dunha "solución xusta" para @s [email protected]

O debate en Madrid
O portavoz do BNG, Francisco Jorquera congratulouse do apoio recibido das bancadas populares porén, asegurou facelo "con cautelas" á espera de ver "o que fan esta tarde no Congreso". Para @s nacionalistas, a preocupación exténdese á propia tramitación lexislativa pois, asegurou Jorquera, "non vaia ser que despois queiran desnaturalizala" ou "ralentizar a súa chegada ao Congreso". Neste senso, o portavoz do PP, Pedro Puy, avanzou que no decorrer da tramitación parlamentar o seu grupo introduciría emendas ao texto presentado. 

O PP votou en anteriores ocasións contra a quita na Galiza mais logo apoiou a súa legalización en Madrid 

Será esta tarde cando o pleno das Cortes españolas se pronuncie ao respeito en relación coa Proposición de Lei presentada polas deputadas do BNG. A socialista Carmen Gallego avanzou que o PSOE votará a favor da súa toma en consideración. Fica pendente saber se @s [email protected] do PPdeG apoiarán ou non mudar a lexislación a prol da devolcuión íntegra dos aforros ás persoas esafadas. 

Até o momento, os antecedentes non son favorábeis pois na propia aprobación da Lei 9/2012 a Cámara galega aprobara unha resolución unánime contraria á quita, cuestión que non impediu @s parlamentares do PP votaren a favor da mesma en Madrid. Un exemplo, dixo Jorquera, de que a ausencia de soberanía significa ausencia de democracia.