AS ELECCIÓNS A OLLOS DE... IRIA PINHEIRO

"A maioría dos partidos utilizan o feminismo como mercadotecnia e baléirano de contido"

"A maioría dos partidos utilizan o feminismo como mercadotecnia e baléirano de contido"
Iria Pinheiro [Imaxe: Olaia Sendón]
Iria Pinheiro [Imaxe: Olaia Sendón]  

A actriz e cantante Iria Pinheiro considera moi importante participar nas eleccións europeas xa que a implicación na comunidade, di, “é fundamental para que se produzan cambios”, pese a sentirse pouco ou nada integrada nunha Europa que se esquece da Galiza e das persoas. Considera o feminismo como o reto principal a nivel social e político.


Que se xoga Galiza nestas eleccións europeas?
A verdade é que estou desencantada con Europa. Non penso nela porque ela tampouco pensa en min. É difícil sentirse integrada nesta Europa que non ten os ollos postos na Galiza e que manda axudas como se fosen esmolas.

A participación nas urnas é moi importante, todo o que sexa implicarse na comunidade para que se produzan cambios é fundamental

De todas formas e pese a esta sensación, a participación nas urnas é moi importante, todo o que sexa implicarse na comunidade para que se produzan cambios é fundamental. E neste contexto, Galiza xógase ter presenza.

Cales serían os retos de Europa?
Para min o feminismo, porque este termo inclúe todas as demais loitas: o medio, a economía, o emprego, o ensino, sanidade...

Que tema de relevancia considera que non se tratou polos partidos nesta campaña?

Non se abordaron con contundencia as violencias machistas

Non se abordaron con contundencia as violencias machistas. Salvo algunhas excepcións, a maioría dos partidos utilizan o feminismo en campaña a modo de mercadotecnia, mais baleirándoo de contido e de fondo. Estas forzas viron que hai un interese grande da sociedade na loita pola igualdade e contra as violencias machistas e, ao igual que fai a industria téxtil apropiándose de lemas, o capitalismo apropiouse dos termos para o seu beneficio mais quitándolles todo o seu significado.