Máis de 200 cargos electos cataláns investigados por acto a prol do 'procés'

Máis de 200 cargos electos cataláns investigados por acto a prol do 'procés'

Barcelona acolle este domingo unha concentración no seua apoio baixo o lema 'Defendamos as nosas institucións'.


Desde ex-presidentes da Generalitat e actuais consellers até presidenta do Parlament, pasando por deputados, alcaldes ou concellais. Maís de 200 cargos públicos cataláns, segundo os cálculos de 'El Nacional', están no albo de investigacións por actos relacionados co proceso independentista que desde hai uns anos está en marcha en Catalunya. Varias entidades soberanistas convocaron para este domingo unha concentración en Barcelona en apoio a estas persoas baixo o lema 'Defendamos as nosas institucións'.

Os organizadores pretenden reunir a eses máis de 200 cargos no acto, con especial protagonismo para alcaldes e concelleiros denunciados pola Delegación do goberno español, a Fiscalía e o Partido popular. O presidente da ANC, Jordi Sánchez, solicitou á sociedade catalá que asista a este acto e “deixe claro o seu apoio ás institucións do país escollidas democraticamente.

Hai xa máis de 140 autobuses confirmados que levarán xente de diferentes puntos de Catalunya a esta concentración, fletado por unhas 120 asociacións territoriais.