"NINGUÉN TEN DEREITO A DERRAMAR A NOSA ESPERANZA"

Un manifesto de persoas da cultura pide un último esforzo a prol da unidade

Un manifesto de persoas da cultura pide un último esforzo a prol da unidade
Suso de Toro Uxía e Manuel Rivas
Suso de Toro Uxía e Manuel Rivas  

Non se dan por vencidos e asinan un breve texto baixo un elocuente título "Ninguén ten dereito a derramar a nosa esperanza". Entre os asinantes, figuras centrais da nosa cultura como Agustín Fernández Paz, Rosa Aneiros, Xabier Docampo, Suso de Toro, Uxía e Manuel Rivas.



Na area política o acordo parece neste momento case desbotado entre as plataformas e os partidos, mais un destacado grupo de intelectuais e persoas da cultura do país din non aceptar "perder as esperanzas" e piden "un último esforzo urxente" aos axentes envolvidos no proceso de construción dunha candidatura de unidade que os leve a se sentar e voltar a falar.

Do seu ponto de vista, a non formación dunha candidatura unitaria que englobe o soberanismo e a esquerda rupturista e que resulte na constitución dun "grupo parlamentar propio no Parlamento español" sería "unha derrota que non queremos aceptar".

Asinan o manifesto, que é aberto a novas achegas, Agustín Fernández Paz, Xabier Docampo, Suso de Toro, Manuel Rivas, Rosa Aneiros, Pilar Fernández, Uxía, Xurxo Souto, Xosé Luis Armesto, Víctor Freixanes, Federico Pérez, María Reimóndez, Alfredo Conde, Manuel Bragado, Henrique Monteagudo, Xoán López Facal, Margarita Ledo Andión, Dionisio Pereira, Ubaldo Rueda Soto, Tareixa Navaza, Vítor Vaqueiro, Miguel Anxo Murado, Xabier Paz, Xosé María Álvarez Cáccamo, Xosé Manuel Pereiro, Pepe Barro, Francisco Fernández Naval e Xerardo Dasairas Valsa.

Marga Romero Lorenzo do Val, Henrique del Bosque Zapata, Manuel Xestoso, Ana Luisa Bouza Santiago, Xavier Queipo, Maruxa Barrio Val, Henrique Harguindey Banet, Carlos López Bernárdez, Elvira Souto, Celso López Pazos, Marica Campo, Xose Ramón Garcia, Olaia Fernández Davila, Carlos Quiroga, Miguel Anxo Fernán Vello, Luís Gonçales Blasco "Foz", Luis Álvarez Pousa, Carme Adán Villamarín, Cesáreo Sanchez Iglesias, Carlos Méixome Quinteiro, Iolanda Teijeiro Rey, Antonio Araujo Quintas, Román Raña Lama, Leandro Garcia Bugarin, Xiao Roel López-Sevilla, Branca Rodriguez Pazos, Consuelo Martínez Garcia, Cristina Hermida Moinelo, Breixo Harguindey, Roi Salgueiro Barrio, Xabier Pérez Dávila, Benigno Torres López, Montserrat Martínez Cañas, Francisco Ferreira Lorenzo, Mercedes Caeiro, Anselmo Rodriguez, Sabela Fraga Costa, Francisco L. Vázquez Vizoso, Concha Trigo, Antonio Piñeiro Lorenzo, Suso Barreiro, Julia Mariño Abal, Manuel González Moreira, Gustavo Docampo Paradelo, Xaneco Tubío, Carlos Angílica, Roberto Ribao Fernández, Enrique Parcero Rodriguez, Xosé Pintado Valverde, María Armesto, Che Mariño, Carlos Yus Respaldiza, Iolanda Galanes Santos, Purificación Cabido Pérez, Manuel Anxo Méndez, Antonio Alvarez Alonso, Antón Santamarina Fernández, Alba Nogueira, Luis Martul, Encarna Otero, José Alberto Garcia Suárez.

O contido íntegro do texto é o seguinte:

NINGUÉN TEN DEREITO A DERRAMAR A NOSA ESPERANZA

Non aceptamos perder as esperanzas que nos suscita esta oportunidade. O noso país vive un momento límite na súa historia. Galicia ten gravísimos problemas sociais xerados ou agravados pola dependencia de políticas que nos ignoran ou marxinan sistematicamente. Galicia necesita ter poder político propio. E, agora que as estruturas do estado están en crise e van ser revisadas, Galicia debe falar con voz propia, debe existir en por si e non submetida a ordes alleas.

A ruptura do proceso aberto de creación dunha candidatura unitaria que consiga para o noso país un grupo parlamentar propio no parlamento español, levantada sobre os nosos problemas e necesidades e cun ambicioso programa social, é unha derrota que non queremos aceptar. A cidadanía galega interesada na creación desa candidatura tamén ten dereito a opinar; nós facémolo para esixir un último esforzo urxente. Pedímosvos aos partidos, plataformas e todo canta entidade  que o desexe volver sentar a falar para acordala.

Ninguén ten dereito a derramar a nosa esperanza. Esa esperanza non é só duns poucos, é de moita máis xente. Non hai tempo nin se precisa máis, esta semana é a máis axeitada para facelo. Queremos a candidatura.