As marchas mozas pola independencia marcan o pórtico deste Día da Patria Galega

As marchas mozas pola independencia marcan o pórtico deste Día da Patria Galega
Un aspecto da ruada de Galiza Nova
Un aspecto da ruada de Galiza Nova  

Centos de mozas e mozos participaron esta terza feira en Compostela nas dúas marchas xuvenís pola independencia, limiar dos actos políticos convocados para este 25X.


Un estado galego independente para acadar a liberdade. Con esa palabra de orde Galiza Nova —que esta terza feira estaba de aniversario, 30 exactamente— realizou a súa #IIRuadaPolaIndependencia, nun día en que a organización xuvenil do BNG realizou tamén o seu tradicional tributo a Rosalía e Castelao.

"Galegos somos galegos seremos por españois nunca pasaremos" e "independencia, independencia" foron algúns dos cánticos coreados durante a ruada, un evento que xa se está a consolidar no calendario político de Galiza Nova.

WhatsApp Image 2018-07-24 at 20.43.28Centos tamén acudiron á chamada dos diversos colectivos independentistas —Briga, Erguer, Isca que marcharon polo centro de Compostela precedidos por unha faixa en que se lía "A mocidade independentista a construir a República", com os sub-lemas "Rachar a precariedade, rematar com a emigraçom".

Houbo dúas manifestacións, si, mais os cánticos eran perfeitamente intercambiábeis, con especial destaque para a palabra de orde que as emparenta, "independencia, independencia!".