En Marea denuncia Feijóo ante a Xunta Electoral pola firma dun convenio durante a campaña


En Marea denuncia Feijóo ante a Xunta Electoral pola firma dun convenio durante a campaña

Apunta que a presenza de Feijóo durante a sinatura do texto vulnera o artigo 50.2 da actual Lei Electoral “ao tratarse dun acto cun marcado acto político que ten unha clara intencionalidade electoral”.

En Marea presentou esta segunda feira unha denuncia ante a Xunta Electoral de Ourense dirixida contra o aspirante do PP, Alberto Núñez Feijóo, polo acto de firma dun convenio entre a Xunta e o concello de Ourense.

O partido instrumental asegura que a presenza de Feijóo durante a firma do texto vulnera o artigo 50.2 da actual Lei Electoral “ao tratarse dun acto cun marcado acto político que ten unha clara intencionalidade electoral”. O convenio foi anunciado en prensa durante a última semana da campaña electoral.

“En Marea entende tamén que aínda que se alegue que a firma deste convenio corresponde a actividade ordinaria da Administración, non é menos verdade que a firma do convenio por si mesma non precisa de ningún tipo de protocolo e tampouco da presenza do candidato á Xunta polo PP que, polo tanto, está facendo un uso indebido da institución que preside para favorecer a súa candidatura”, asegura a formación en nota de prensa.