En Marea desbota concorrer ás eleccións estatais do 10N

En Marea desbota concorrer ás eleccións estatais do 10N

Lamenta a “falta de vontade de acordo nas forzas progresistas e galegas” para presentar unha candidatura unitaria. A renuncia dos de Villares súmase á decisión de Anova de non concorrer a estes comicios xerais do 10 de novembro.


“O plenario de En Marea acordou non concorrer a estas eleccións xerais como un exercicio de responsabilidade para non contribuír á atomización das forzas progresistas na Galiza”. Con estas palabras anuncia o partido liderado por Luis Villares mediante un comunicado que non estará na cita coas urnas deste 10 de novembro.

A decisión adoptouse nun plenario convocado con carácter extraordinario para analizar o escenario electoral. A imposibilidade de fraguar a “candidatura única de forzas galegas e progresistas” que pedían os de Villares é un dos motivos expostos para non concorrer a esta cita. O outro motivo, ligado co primeiro, é evitar unha “maior fragmentación” do “espazo progresista galego” que implicaría, din, que En Marea se presentase a estes comicios.

Co adianto oficial das eleccións xerais e a irrupción no mapa político de Más País especulouse dunha posíbel alianza entre a formación de Errejón e En Marea para concorrer ao 10N, mais esta non callou.

En Marea é a segunda formación galega en decidir non concorrer a estas eleccións estatais. O pasado 30 de setembro Anova anunciaba que renunciaba a participar nestes comicios. “Entendemos que a competición entre diferentes opcións do espazo de ruptura divide a necesaria unidade e non se corresponde coa nosa aposta pola acumulación de forzas, motivo polo que decidimos non concorrer ás vindeiras eleccións xerais”,