En Marea impulsa a despenalización da eutanasia e o suicidio asistido

En Marea impulsa a despenalización da eutanasia e o suicidio asistido
En Marea e a Asocaición Dereito a Morrer Dignamente promoven unha xornada de reflexión sobre a despenalización da eutanasia.
En Marea e a Asocaición Dereito a Morrer Dignamente promoven unha xornada de reflexión sobre a despenalización da eutanasia.  
A formación de Luís Villares promove unha xornada de reflexión no Parlamento de Galiza para afondar na necesidade de ampliar dereitos fundamentais que melloren a calidade de vida da cidadanía. O debate, aberto á cidadanía e a todos os grupos políticos, terá lugar esta sexta feita, día 18. Estará moderado polo voceiro de En Marea e contará coa participación de Ascensión Cambrón, presidenta da Asociación polo Dereito a Morrer Dignamente, Xosé Lois Vilar, veciño de Ramón Sampedro e activista, e a médica do Servizo Galego de Saúde, Isabel Blanco.

Con este convite público, En Marea busca "resociliazar un debate que sempre estivo aí, lograr unha primeira reflexión colectiva e levar a iniciativa á cámara galega". Segundo explicou Luís Villares no acto de presentación desta xornada, o Parlamento galego está en plenitude de funcións para impulsar unha reforma lexislativa que pode chegar ao Congreso dos Deputados despois dos comicios xerais do 10 de novembro.

”Para nós o primeiro dereito fundamental é o dereito a vida. E entendemos que o dereito a unha vida digna debe ter como corolario o dereito a un final de vida digno. Ese é o debate que En Marea quere trasladar a cámara galega, asumido pola inmensa maioría da sociedade. Só falta que o lexislador, indo por detrás da pulsión social, sexa capaz de recoñecelo”.

Acompañado pola presidenta da Asociación Dereito a Morrer Dignamente, Ascensión Cambrón, Villares afondou na necesidade de promover unha reforma legal para despenalizar a eutanasia e o suicidio asistido para garantir un final de vida de digno, unha demanda apoiada polo 87% da cidadanía española.

Na súa intervención, Cambrón reivindicou o carácter ético e moral desta iniciativa e fixo fincapé na oportunidade de trasladar á Constitución un dereito individual importante para o conxunto da sociedade. “É unha aspiración transversal que sostén a maior parte da poboación”. Un paso máis, dixo “para avanzar nos dereitos dos doentes, complementar a Lei de Morta Digna do Parlamento de Galiza e as iniciativas que van ser debatidas no Parlamento do Estado Español”.

O convite a esta xornada de reflexión compartida, que vai ter lugar no Parlamento de Galiza, vai dirixido a toda a cidadanía e ao resto dos grupos políticos co fin de achegar posturas.