En Marea pide ao Goberno Sánchez e á UE que abran un porto ao Open Arms

En Marea pide ao Goberno Sánchez e á UE que abran un porto ao Open Arms
Critican a inacción das institucións á hora de ofrecer un porto seguro a un navío que se acha á deriva após ter resgatado 121 inmigrantes o pasado 1 de agosto.

"A axuda humanitaria e solidaria entre seres humanos non pode ser ilegal", razoa o partido En Marea através dun comunicado de imprensa. A formación liderada por Luís Villares critica a UE por "se pór de perfil" e ao Goberno Sánchez por tampouco ofrecer ningunha solución.

Para En Marea, estamos perante unha "emerxencia" humana e non se pode agardar máís á hora de actuar. "O Sáhara e o Mediterráneo son as auténticas cámaras de gas do século XXI", opinan, a facer a súa a frase do fundador de Proactiva Open Arms, o catalán Òscar Camps.

O navío áchase a 24 millas da costa da Illa de Lampedusa, sen ningunha esperanza de obter autorización para poder atracar nun porto italiano. É máis, o ministro de Interior, Mateo Salvini, ameazou a ONG promotora da expedición cunha multa se o Open Arms se dirixe a algunha dársena do país transalpino.