En Marea pide o voto para candidaturas "que defendan unha axenda galega" fronta a aquelas que son "sucursais"

En Marea pide o voto para candidaturas "que defendan unha axenda galega" fronta a aquelas que son "sucursais"
Pancho Casal, membro de En marea
Pancho Casal, membro de En marea  
O partido de Luís Villares non concorrerá aos comicios estatais do 10 de novembro.

Sen dar o seu apoio explícito a ningunha candidatura, En Marea pide o voto para aquelas “que defendan unha axenda galega de verdade”. Así o expuxo esta segunda feira en rolda de prensa o deputado do Grupo Mixto e membro da formación política Pancho Casal, que reivindicou o seu apoio a propostas cunha axenda propia fronte aquelas que non son máis que “unha sucursal” de partidos estatais.

En Marea decidiu esta fin de semana non concorrer ás eleccións estatais do 10 de novembro ao non acadar un acordo con ningunha outra formación para constituír unha lista única. Neste sentido, Pancho Casal cargou contra Más País, a iniciativa de Íñigo Errejón. Segundo dixo, no transcurso das negociacións que mantiveron coas persoas responsábeis desta candidatura, En Marea "deuse conta de que o que querían era estabelecer unha delegación na Galiza". Pola contra, Más País negou publicamente a pasada terza feira que existise vontade en fechar un acordo con En Marea para presentarse conxuntamente ás eleccións estatais. 

Pancho Casal asegura que a súa formación non vai pedir o voto para ningunha forza en particular. Con todo, asegura que Galiza “ten unha prioridades” e que animarán “os electores a que voten polas forzas que verdadeiramente" favorezan "una axenda galega" no canto de "de ser una sucursal montada en catro horas a base de chamadas de teléfono".