ELECCIÓNS XERAI

En Marea propón para as persoas autónomas poder retrasar o pago do IVE

En Marea propón para as persoas autónomas poder retrasar o pago do IVE
Villares coa candidatura de En Marea
Villares coa candidatura de En Marea  

En Verín déronse cita Luís Villares, voceiro de En Marea, e o candidato ao Congreso Iván Olmos. Desde alí propuxeron para as persoas autónomas poder retrasar o pago do IVE até que se efectúe o cobro das correspondentes facturas.

Luís Villares acompañou en Verín ao candidato de En Marea ao Congreso por Ourense, Iván Olmos, desde onde se comprometeron a “solucionar os problemas reais do día a día da xente normal” que a formación política aposta por solucionar “con medidas lexislativas do Congreso dos Deputados”. Villares e Olmos propuxeron desde Verín retrasar o pago do IVE ao cobro efectivo das facturas, unha reforma integral do réxime das persoas autónomas e unha mellora das súas condicións laborais. Estas son as medidas urxentes que En Marea propón para poñer as primeiras pedras que “solucionen os problemas diarios das persoas autónomas”.

“Cantas veces as persoas autónomas teñen que pagar o IVE de facturas que non cobraron aínda?” formulou Olmos, e afirmou que non é xusto ter que pagar o IVE da factura que se emite antes de cobrala