En Marea reivindica políticas municipais fronte ás “carencias” en transporte e garderías no rural

En Marea reivindica políticas municipais fronte ás “carencias” en transporte e garderías no rural

Luis Villares denuncia os problemas en vilas e lugares para poder desprazarse, traballar ou conciliar obrigas laborais e familia


O portavoz de En Marea, Luis Villares, estivo este domingo en Trives e Manzaneda, cos candidatos das mareas locais en ambas as dúas localidades, Jorge Vázquez e Félix Domínguez; para defender o papel dos concellos á hora de activar o rural galego. Unha reivindicación da “implicación activa” dos municipios “para mellorar a calidade de vida da veciñanza e que compensen a falta de iniciativa da Xunta a ese respecto”.

En Marea denunciou o "fracasado Plan de transporte da Xunta" e as dificultades da poboación para desprazarse. O partido aposta por impulsar plans de carácter municipal e comarcal que posibiliten unha mobilidade que comunique as vilas coa cabeceira de comarca e os distintos lugares coa capital do Concello

O portavoz tamén defendeu que a formación ía traballar para suplir a falta de prazas de garderías impulsando un servizo municipal para cativos de 0 a 3 anos.