COMPOSTELA ABERTA

Martiño Noriega apraza até final de ano a súa retirada do concello

Martiño Noriega apraza até final de ano a súa retirada do concello
Noriega na asemblea de Compostela Aberta
Noriega na asemblea de Compostela Aberta  

O alcalde en funcións de Santiago, Martiño Noriega, vai pilotar un período de transición, até final deste ano, antes de abandonar o concello. Após poñer a súa acta a disposición, a asemblea de Compostela Aberta aceptou a súa dispoñibilidade a continuar no Pazo de Raxoi no que queda deste 2019. Os resultados foron valorados como “moito máis negativos” do agardado.


O actual alcalde en funcións de Santiago, Martiño Noriega, continuará como concelleiro da corporación municipal. Após poñer a súa acta a disposición da asemblea de Compostela Aberta e amosar ao mesmo tempo a súa dispoñibilidade para ser concelleiro de oposición na nova corporación, a afiliación decidiu apostar pola súa continuidade.

“Os resultados son moito máis negativos do que agardabamos, non imos escondernos”, afirmou Noriega na asemblea de Compostela Aberta, e pediu ao mesmo tempo “non esquecer que nos debemos a máis de 10.000 persoas que confiaron en nós” e matizou que a posta a disposición do seu cargo á asemblea non é cuestión de “retórica”.

O consistorio da capital galega seguirá contando co líder de Compostela Aberta

Así, e en principio de maneira transitoria, o consistorio da capital galega seguirá contando co líder de Compostela Aberta, formación que perdeu o pasado domingo 26 de maio até 5 actas (contaba con 10) e máis de 6.000 votos.

Desbótase así unha repetición do acontecido na Coruña, onde o alcalde en funcións, Xulio Ferreiro, anunciou hai unha semana a súa decisión de non recoller a acta de edil debido á perda de 4 actas. Ambas forzas, Compostela Aberta e Marea Atlántica, foron adiantas polo PSdeG de Xosé Bugallo en Santiago e Inés Rei na cidade herculina.

Todo indica que a referencia de Noriega a fronte de Compostela Aberta será até finais de ano.