Un membro da comisión de garantías leva ao xulgado as primarias de En Marea

Un membro da comisión de garantías leva ao xulgado as primarias de En Marea

Considera que poderían ser ilegais ao non estar supervisados por unha empresa externa.


Manuel Nogueira, membro crítico da Comisión de Garantías, presentou unha denuncia nun xulgado de Ourense por entender que puido haber presuntas irregularidades durante o proceso de primarias de En Marea

No escrito de denuncia, ao que tivo acceso Europa Press, Nogueira sinala que había unha empresa, Openkratio, contratada para ser auditora independiente nesas primarias. Porén, finalmente, esa empresa anunciou que non ía desenvolver esas funcións pois non tivo tempo a coñecer o novo sistema de votación.

Nogueira reclama que se "depuren responsabilidades" dado que ten "constancia de que non existe contratación" desa entidade auditora e que, por tanto, "o proceso ao non estar supervisado por unha empresa externa é ilegal ao ir en contra dos acordos plenarios (de En Marea)" e, ademais, pode constituír "un delito e ir contra a lei de partidos políticos".