A mensaxe dos gandeiros que Mariano Rajoy non quixo ver nin escoitar

A mensaxe dos gandeiros que Mariano Rajoy non quixo ver nin escoitar
Imaxe: @tacianadiaz7
Imaxe: @tacianadiaz7  

“Foi unha situación violenta para nós”, recoñecen os produtores, que foron afastados de onde decorría o acto co presidente en Compostela, identificados e retidos.


Un grupo de gandeiros que pretendía, a través dunha faixa, denunciar diante de Mariano Rajoy a crise que atravesa o sector en Galiza foi expulsado do hotel onde o presidente español tomaba parte nun acto sectorial de campaña. 'RIP sector lácteo galego' era o lema da faixa que o mandatario español nin sequera chegou a ver.

En declaracións a Ser-Galiza un dos produtores, Alberte Lamazares, recoñeceu que a situación fixérase “demasiado violenta para nós” pois, dixo, “estiveron toda a tarde detrás nosa, pedíndonos o DNI, reténdonos...”. Estre gandeiro afirma que o único que procuraban era “que se visualizase que estamos nunha situación crítica”, que o presidente “vise que hai malestar”. Lamazares lembrou “aquí hai produtores que cobran 27 céntimos cando no Estado estase a cobrar 34”.