Miranda abre a porta a levar o goberno español ao Tribunal da UE para que cumpra coa seguridade ferroviaria

Miranda abre a porta a levar o goberno español ao Tribunal da UE para que cumpra coa seguridade ferroviaria

A CE informa á eurodeputada do BNG que o procedemento de infracción continúa aberto e que o goberno español pediu unha prórroga de dous meses


A eurodeputada do BNG Ana Miranda está disposta a solicitar da Comisión europea que leve o gobernó espaol diante do Tribunal de Xustiza da Unión Europea se para setembro o Estado español non cumpre coas normas de seguridade ferroviarias. Miranda reuniuse coa directora de Transporte ferroviario da Comisión Europea, Elisabeth Werner e reclamou ao goberno estatal que cumpra a normativa comunitaria en seguridade ferroviaria tal e como lle pide a Comisión Europea.A xuntanza realizouse no marco das reunións que mantén a eurodeputada nacionalista como denunciante no procedemento de infracción do caso Alvia por incumprimento da normativa comunitaria de seguridade ferroviaria en materia de control de riscos.

A directora de Transporte informou a Ana Miranda que a Comisión, após abrir o procedemento de infracción no mes de xaneiro de 2019, instou o goberno español mediante carta para que dea resposta á falta de cumprimento de esta normativa, ao respecto do cal o goberno central pediu unha prórroga de dous meses.

“O procedemento de infracción sigue aberto; o seguinte paso será unha razón motivada, pedindo un plan de acción verificado, e se o goberno saínte das eleccións non cumpre, a Comisión iría como terceiro paso ao Tribunal”, engadiu.

No tocante aos prazos deste proceso sinalou que aproximadamente será en setembro cando se saiba cal será o seguinte paso. “Eu non é que desexe que se chegue ao Tribunal, e que o vou esixir chegado o caso, como denunciante”, avanzou.

Para a eurodeputada do Bloque, que despois de seis anos do accidente de Angrois non se puxera en marcha ningunha medida “é unha vergonza”. “O que lle pedimos ao goberno que saia tras as eleccións xerais, da cor que sexa, é que se aplique a normativa comunitaria, porque a día de hoxe non está implementada a normativa, para evitar que se volva producir un novo accidente como o do Alvia”, subliñou.



x