Miranda leva á Comisión Europea os lodos nas proximidades de Sálvora

Miranda leva á Comisión Europea os lodos nas proximidades de Sálvora
A eurodeputada do BNG Ana Miranda.
A eurodeputada do BNG Ana Miranda.  

O vertido de lodos na contorna da illa de Sálvora chega a Europa. Ana Miranda, eurodeputada do BNG, vén de remitir á dirección xeral de Medio Ambiente da Comisión Europea unha comunicación en que denuncia a situación.
 


O dragado do río Lérez atópase na orixe dos vertidos. Miranda critica que Portos de Galiza autorizase o depósito de residuos nun “espazo medioambiental, pesqueiro e de marisqueo tan importante como a zona de Sálvora, que ademais pertence ao paruqe nacional das Illas Atlánticas”. Para a parlamentaria, “é un atentado ambiental e económico”.

“É unha total irresponsabilidade que a Consellaría do Mar poña en serio risco centos de postos de traballo do sector marisqueiro, pesqueiro e turístico dun espazo tan produtivo”, engade, “con toda seguridade estamos diante doutro caso de incumprimento das leis fundamentais medioambientais e da auga, que ten como consecuencia notábeis perdas económicas na zona na que se produce”.

“Desde o BNG opoñémonos a que Sálvora ou calquera outro punto do noso país se convirta nun vertedoiro domentado polas administracións”, conclúe Ana Miranda.