A moción axita o taboleiro na Galiza

A moción axita o taboleiro na Galiza
A toma de posesión de Feixóo, con Raxoi
A toma de posesión de Feixóo, con Raxoi  

O novo Goberno español chegou de súpeto e por sorpresa. As consecuencias políticas para Galiza, cuxas forzas de oposición apoiaron a caída de Raxoi, están por ver. Polo momento, a dereita inicia debates sucesorios aquí -Feixóo como recambio- e acolá. E á esquerda e ao nacionalismo preocúpalles o papel do país nunha hipotética reformulación territorial do Estado se finalmente o PSOE enceta o diálogo co soberanismo catalán. Eis un extracto da información publicada ao respecto no Sermos Galiza 299.


4A tortuosa e finalmente intempestiva chegada de Pedro Sánchez á Moncloa vén de desatar un vendaval. De abrir a caixa dos tronos e provocar consecuencias inesperadas, a maioría aínda por coñecer. O taboleiro axítase e algunha das súas derivadas pode producir un terremoto na política nacional. As eternas aspiracións de Feixóo a ocupar posto en Madrid, por caso, entrarían en vía de resolución. Mais a súa aterraxe na meseta non será doada. Con el compiten Soraya Sáenz de Santamaría, Dolores de Cospedal ou Ana Pastor. E as relacións do presidente da Xunta co seu paisano Raxoi non son exactamente ideais. Do grao de implicación deste no proceso da súa propia sucesión dependerá, en parte, o éxito da operación Feixóo.  

 

A portavoz nacional do BNG Ana Pontón reaccionou ao novo escenario. Nunha comparecencia de prensa aos dous día das toma de posesión de Sánchez, criticou as declaracións de Feixóo sobre o presunto “escenario incontrolado” que abría a moción de censura. “O escenario incontrolado non é sacar un PP condenado por corrupción do Goberno do Estado”, dixo, “o escenario incontrolado é ter a corrupción instalada na cúpula do partido que goberna en Madrid e en Galiza, escenario incontrolado é o que provoca a submisión de Feixóo a un Raxoi que mentiu ante a xustiza”.

 

Se ben o Bloque “comparte a satisfacción porque non goberne Raxoi”, non se ve “representado nin no PSOE nin en Pedro Sánchez”. Na súa opinión, cómpre que Galiza “recupere o peso político” no debate estatal. “A irrelevancia política é hoxe o maior risco de futuro”, engadiu, “mentres os pobos vasco e catalán avanzan e poñen en marcha as súas propias axendas”. Este debate tamén marcou os días posteriores á caída de Raxoi no complexo seo de En Marea. Unha especie de dobre discurso atravesou o “espazo da confluencia”. 
 

[Podes ler a información íntegra no número 299 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]



x