Montón demite como ministra polo escándalo do master

Montón demite como ministra polo escándalo do master
carmen monton psoe
carmen monton psoe  

A publicación de fragmentos plaxiados do traballo de fin máster.


Carmen Montón demite como ministra de Sanidade, Consumo e Benestar Social por mor do seu polémico máster na Universidade Rey Juan Carlos I. A até agora titular de Sanidade anunciou na noite desta terza feira a súa renuncia nunha comparecencia de imprensa desde a sede do ministerio "para que esta situación non inflúa" no goberno de Pedro Sánchez. Apenas tres horas antes, o propio presidente defendía a ministra e a súa continuidade. Mais a publicación en La Sexta de fragmentos plaxiados do traballo de fin máster situou Montón na obriga de renunciar. 

Montón reafirmouse en que non cometeu "ningunha irregularidade" no seu máster: "Defendino e vou a seguir defendéndoo, coa conciencia moi tranquila", dixo. "Desde o primeiro minuto din explicacións, fun transparente e honesta". A xa ex-ministra mostrouse "orgullosa e agradecida" de que Sánchez contase con ela para o goberno e defendeu o traballo feito nestes 100 días.

Como nome para substituír Carmen Montón soa o de María Luisa Carcedo, Alta comisionada de loita contra a pobreza infantil.



x