Mozos galegos, sardos, curdos e irlandeses debaten en Sardeña sobre independentismo

Mozos galegos, sardos, curdos e irlandeses debaten en Sardeña sobre independentismo
Mural nacionalista nunha vila sarda
Mural nacionalista nunha vila sarda  

Participan no III encontro internacional que organiza Scida-Giovunus independentistas, organización xuvenil sarda.


Estes días decorre na illa de Sardeña a terceira edición do encontro internacional da mocidade independentista, unha xuntanza na que Galiza está representada a través de Galiza Nova. #Atobiu2016 é un espazo para o debate e a análise da realidade das diferentes nacións sen estado. Organizado por Scida-Giovunus independentistas, contará coa presenza de representantes de, alén Galiza Nova, as mocidades do Sinn Féin (Irlanda), UDAP (Palestina) e do independentismo curdo.

As xornadas que se realizan no país berce de Gramsci inclúen palestras, debates e terán o final cun concerto a cargo de diferentes grupos: Jax Vain, The made in Indonesia e Su Dotori & AlexP Sound System.

Nas eleccións sardas de 2014 as diferentes opcións nacionalistas e independentistas que concorreron aos comicios obtiveron o 18% dos votos, case duplicando os rexistrados nas eleccións de 2009. centro-esquerda italiano foi o vencedor nas urnas, cun 42,4% dos votos para Francesco Pigliaru. En 2015, e após máis dunha década de traxectoria, disolvíase a formación da esquerda independentista Manca pro S´Independentzia, abríndose unha reformulación política do espazo independentista.

A illa de Sardigna é unha das 20 rexións en que se destribúe Italia e posúe un estatus especial de autonomía. O Parlamento italiano recoñece o sardo como un pobo diferenciado. Ten por volta de 1.670.000 habitantes