“Nada que celebrar”, a campaña do BNG polo Día da Constitución

“Nada que celebrar”, a campaña do BNG polo Día da Constitución
Noa Presas e Bieito Lobeira
Noa Presas e Bieito Lobeira  

Nada que celebrar na constitución española. Por iso o BNG non participará nin como formación nin os seus cargos institucionais en ningún dos actos que este 6 de decembro hai para conmemorar a ‘carta magna’ española.

A deputada nacionalista Noa Presas salientou que o nacionalismo galego sempre denunciou que a Constitución española “nega os dereitos nacionais e sociais” de Galiza. Anunciou que o BNG trasladará a campaña  a institucións  e sociedade porque temos, dixo, “moi pouco que celebrar e moito que reivindicar e denunciar”.

A día de hoxe, engadiu, a monarquía é un “síntoma antidemocrático” e anunciou que o BNG presentará no Parlamento galego a proposta de supresión  da  Monarquía española.

Para o  secretario de Organización do BNG, Bieito Lobeira, o saldo de 40 anos de constitución é “negativo para Galiza” e cun  marco político  que “non nos vale”.  O nacionalismo, manifestou Lobeira, “sempre mostrou a súa oposición con coherencia” durante  corenta anos a unha constitución que nega os dereitos de Galiza e en  contraposición  ao entusiasmo mostrado por forzas estatais.

Lobeira anunciou que o BNG celebrará o vindeiro día 6 de decembro un acto de  concentración nacionalista en Santiago de Compostela para mostrar o rexeitamento á conmemoración dos 40 anos de Constitución española.



x