Nós denuncia o "apagón informativo" do nacionalismo na cobertura de CRTVG e RTVE

Nós denuncia o "apagón informativo" do nacionalismo na cobertura de CRTVG e RTVE

A Candidatura Galega afirma que os plans de cobertura destas canles non respectan a "pluralidade política", impulsan “un novo bipartidismo a catro” e obvian o nacionalismo embora ter representación no Congreso.


Nós Candidatura Galega denunciou os plans de cobertura de RTVE e de CRTVG por entender que “non respectan a pluralidade política, e só favorecen ao novo bipartidismo a catro”. A formación nacionalista sostén que “hai un apagón informativo claro, a pesar da multiplicación de debates e entrevistas".Embora esa multiplicación, o protagonismo é "sempre para os mesmos, e non están todos os que deberían estar".

“Hai un apagón informativo claro, a pesar da multiplicación de debates e entrevistas. Pero son sempre para os mesmos, e non están todos os que deberían estar".

Perante isto, Nós reclama "o dereito a ter un espazo informativo acorde á representación do nacionalismo galego no Congreso. É indignante que forzas que aínda non chegaron ao Congreso conten con todos os dereitos do mundo a ter presenza en todo acto informativo nas televisión públicas, mentras que organización con representación nin aparecemos”.

No que atinxe a CRTVG, para a formación “existe unha intencionalidad obxectiva de acalar a voz de Nós”. Pón de manifestó “a negativa do PP nos órganos de control da CRTVG a calquera formato que garanta o debate e o contraste a nivel galego, levando interesadamente o debate ao marco estatal. Vulnerando así os propios principios que deben rexir nun medio público autonómico como é a CRTVG”.

No caso de RTVE subliña “o entreguismo evidente ao bipartidismo a catro que se está a potenciar de maneira interesada. Ao tempo, exclúen as todas as forzas do Grupo Mixto con escanos na Cámara Baixa”.