NÓS racha con estereotipos en campaña

NÓS racha con estereotipos en campaña

A candidatura galega lanza un vídeo pola visibilización das diversidades sexuais. VÍDEO NO INTERIOR. 


#ParaVídeosNÓS é o hastag lanzado por NÓS, Candidatura Galega para encetar a serie de vídeos que partillarán através das redes sociais durante as vindeiras semanas. 

No primeiro, intitulado, Para [email protected] NÓS, o portavoz parlamentar do BNG, Francisco Jorquera, beixa o candidato pola Coruña, Carlos Callón, xunto con Isabel Risco (nº2 da Coruña) e Navia Rivas, que tamén se dan un bico. Unha forma de rachar estereotipos e dar visibilidade ás liberdades sexuais. "Polos dereitos de todas e todas", pódese ler nas contas de Facebook e Youtube nas que foi pendurado. 

Esta é, aseguran desde NÓS, Candidatura Galega, "a primeira dunha serie de curtas", en total 9, coas que visan transmitir "propostas do programa ou valores" que defenden.Aliás, avanzan que "todos os vídeos xogan coa sorpresa, o humor e coa parodia". 

As pezas audiovisuais foron concibidas e realizadas por "artistas galegos" co que procuran, tamén, "pór en primeiro plano a creatividade" do país, "un dos valores que reivindica a candidatura", din.  

NÓS, Candidatura Galega encetou a súa pre-campaña após a convención decorrida o 22 de novembro en Compostela baixo o lema 'A forza do noso pobo' co que a coligazón eleitoral está a socializar a súa imaxe gráfica. 

Programa e código ético 

Aliás, vén de pendurar na web de Iniciativa pola Unión os resultados da votación telemática pola que se aprobou "por amplísima maioría", din, o programa electoral e o código ético da candidatura. 

No proceso, desenvolvido "entre a noite do 23 de novembro e o mediodía do 25 de novembro",  participaron 994 persoas das que entre o 95-96% apoiaron a proposta desenvolvida polo grupo de traballo. 

No concreto, 950 dixeron si á proposta programática a 15 rexeitárona; fronte a 964 que apoiaron o código ético e 9 persoas que dixron non. 

Desde a Coordinadora Nacional da Iniciativa Pola Unión amosáronse [email protected], através dun comunicado público, pola "alta participación e interese amosado". A partir de agora, subliñan, "todo o protagonismo a partir deste momento debe ser xa para as mulleres e homes que son a cara visíbel deste proxecto", en referencia a aquelas que compoñen as candidaturas ao Congreso e ao Senado de NÓS, Candidatura Galega. Aliás, animan a faceren parte do voluntariado para a campaña ou de apoiar economicamente a candidatura.