ELECCIÓNS XERAIS

A nova coordinadora de IxU sae elixida co 90,5% das persoas que participaron na votación

A nova coordinadora de IxU sae elixida co 90,5% das persoas que participaron na votación
iniciativa pola union
iniciativa pola union  

Iniciativa pola Unión informa da ratificación da nova coordinadora, formada por 15 persoas, cun apoio maioritario por parte das persoas adheridas a IxU.


Logo de que o pasado domingo o plenario da asemblea aberta convocada por IxU aprobara por ampla maioría a nova coordinadora da organización, IxU salienta que este grupo de traballo foi ratificado co apoio maioritario das persoas que participaron na votación telemática.

Segundo datos da organización, na votación participaron 567 persoas, das que 513 emitiron o seu voto a favor, 27, en contra e outras 27, a súa abstención. Lembra IxU que forman parte do censo un total de 1.403 persoas.

As 15 persoas que forman parte deste grupo de traballo son Xosé Luis Rivas “Mini”, Elvira Souto, Rafa Cuíña, María Bragado, Suso Bermello, Olalla Rodil, Suso Díaz, Antía Paz, Xavier Campos, Paula Verao, Carlos Ares, Helena Pérez, Carlos Méixome, Miriam Rodríguez e Fernando Souto.

No comunicado, a Coordinadora salienta que continuará traballando “a prol da confluencia nunha única candidatura galega de base cidadá para as eleccións ás Cortes Xerais do Estado”.