BARÓMETRO DE XUÑO

O PSOE lograría 40% dos votos de realizarse agora eleccións, segundo o CIS

O PSOE lograría 40% dos votos de realizarse agora eleccións, segundo o CIS

Ciudadanos sería segunda forza. PP e Podemos baixan e Vox pedería case a metade dos votos. O independentismo catalán, ECR e JxC, mantería os resultados do 28 de abril.


O barómetro de xuño do CIS ponllo en bandexa a Pedro Sánchez se o presidente quer repetir eleccións: o PSOE subiría até case 40% dos apoios en intención directa de voto. Son 11 puntos máis que os que o Partido Socialista logrou nas eleccións do 28 de abril. Ese 39,5% é, alías, unha fenda considerábel a respecto do que o CIS apunta como segunda formación máis votada, Ciudadanos, que obtería 15,8% dos votos, case os mesmos que o 28A mais superando o PP, ao que a sondaxe outorga 13,7% dos sufraxios, tres puntos menos que os que atinxiu nos comicios de hai case dous meses (16,8%).

O barómetro tamén aponta unha baixada de Podemos, do 14,4% daquela cita electoral a 12,7% do que lle atribúe o CIS de realizarse agora as eleccións. E Vox desplomaríase pasando de 10,3 a 5,1% dos votos: perde pois a metade dos apoios.

A suma de PSOE e Podemos dá máis de 52% dos votos mentres que a de Cs, PP e Vox chega só a 34,6%.

ERC e Junts per Catalunya manterían os resultados: case 4% para ERC e 1,2% para Junts per Catalunya, o que é máis un indicador de que o apoio ao independentismo non sofre desgaste co paso do tempo. Tamén o apoio ao nacionalismo (PNV) e independentismo (EH Bildu) mantense case que inalterábel.