O PP apoia a moción do BNG en que se pide a paralización definitiva do Gaiás


O PP apoia a moción do BNG en que se pide a paralización definitiva do Gaiás

A moción presentada polo grupo parlamentar nacionalista foi rexeitada na súa totalidade agás no seu primeiro punto en que insta á Xunta a iniciar os trámites necesarios para paralizar as obras do Gaiás de maneira permanente. PP e AGE apoiaron a proposta do BNG. Pola súa banda o PSdeG abstívose. 

A deputada do BNG, Ana Pontón presentaba esta terza feira unha moción na Cámara galega a respecto da paralización definitiva dos dous edificios pendentes de construción na Cidade da Cultura e a avaliación do seu impacto económico, social e cultural. O Partido Popular, votou finalmente a favor do primeiro punto da moción --que foi tramitado de maneira independente-- polo que se insta á Xunta de Galiza a iniciar os trámites precisos para "paralizar  definitivamente" as obras no monte Gaiás. 

No entanto, @s populares rexeitaron destinar máis fondos á cultura galega e publicar os informes sobre a situación económica da Cidade da Cultura

Neste senso, @s populares apoiaron a proposta [email protected] nacionalistas --á que tamén se uniron @s [email protected] de AGE-- e demandarán á Xunta de Galiza que encete o procedemento legal preciso para paralizar a construción do Centro de Arte Internacional e do Teatro da Música, cuxas obras xa foran freadas de maneira provisoria con anterioridade. Así pois, o grupo parlamentar do PP --que rexeitara inicialmente a proposta achegada [email protected] nacionalistas, accedeu finalmente a votar favorabelmente o punto primeiro da moción, non así as demais demandas presentadas por Ana Pontón que exixían ao executivo de Alberto Núñez Feijóo unha maior "transparencia e racionalidade" na Cidade da Cultura. Así como o investimento "cando menos da metade dos orzamentos destinados" ao Gaiás, nos sectores da cultura de base á fin de paliar "os efectos da crise" sobre as redes e iniciativas culturais galegas. 

Pola súa banda, o grupo parlamentar do PSdeG, que inicialmente emendara a moción do Bloque, decidiu finalmente absterse na votación e non apoiar a parálise total da construción. A abstención [email protected] socialistas rachou co discurso defendido polo deputado coruñés, Francisco Caamaño quen instaba ao BNG a incorporar na moción o termo "sine die" a respecto da propia parálise.