Acto de recoñecemento ao traballo de Rubén Cela como portavoz municipal do BNG en Compostela

Acto de recoñecemento ao traballo de Rubén Cela como portavoz municipal do BNG en Compostela
Rubén Cela
Rubén Cela  X.M.

Será o sábado  21 de setembro no Hotel Os Abetos da capital galega.


Rubén Cela (Lugo, 1979) foi durante 8 anos portavoz municipal dio BNG en Compostela, a cidade na que vive desde hai anos e na que se implicou desde o seu desembarco na capital galega na súa época de estudante. Un acto que  quer recoñecer e premiar eses anos nos que Cela exerceu de mascarón de proa do nacionalismo galego en Santiago.

O acto será no Hotel Os Abetos o vindeiro 21 de setembro e os interesados poden informarse e anotarse en actorubencela.wordpress.com.

Licenciado en Economía pola Universidade de Santiago de Compostela,Rubén Cela iniciou o seu compromiso co nacionalismo ben novo, empezando a militar con 16 anos. Foi secretario xeral de Galiza Nova e director xeral de Xuventude durante o goberno de coalición entre PSOE e BNG (2005-2009).