Pablo Iglesias lamenta que Sánchez opte por ministros que “gostan ao PP e Ciudadanos”

Pablo Iglesias lamenta que Sánchez opte por ministros que “gostan ao PP e Ciudadanos”

O secretario xeral de Podemos considera que o socialista esqueceuse “de quen o fixo presidente”.


Non gostan en Podemos do novo goberno de Pedro Sánchez. Un executivo sostido por só 84 escanos, que incorpora ministros do agrado da dereita e que dá ás costas a aqueles que puxeron o socialista na presidencia, segundo dixo Pablo Iglesias esta quinta feira.

O secretario xeral de Podemos considera “imprudente” que Sánchez constitúa o goberno “máis feble da Unión Europea” ao contar só con 84 deputados. Ademais, lamentou que elixise ministros “que gostan ao PP e Ciudadanos”, esquecéndose “de quen o fixo presidente do Goberno”. Nesta liña, anuncian que só darán “aire” ao novo goberno na medida en que este impulse ou faga políticas progresistas: “Se prefiren porse de aordo co PP e Ciudadanos, eles verán”.

“Pasar pola Moncloa co goberno máis feble da historia de España probabelmente vaia ser un calvario para Sánchez. A nosa tarefa será apoialo na medida en que estean dispostos a negociar con nós”, explicou nunha entrevista en TVE. Iglesias mostrouse crítico coa decisión de Pedro Sánchez de facer un goberno monocolor, confirmou que non van garantir un goberno estábel e criticou nomeamentos como o de Grande-Marlaska: “É un ministro do PP”, dixo.



x