Pachi Vázquez: "Hoxe o noso vello partido estase convertendo nun partido vello"

Pachi Vázquez: "Hoxe o noso vello partido estase convertendo nun partido vello"
Pachi Vázquez na súa intervención
Pachi Vázquez na súa intervención  PSdeG

Cunha frase que fora empregada polo candidato a lehendakari, Patxi López após os comicios do 21-O, o aínda líder [email protected] socialistas [email protected] describiu a realidade actual do PSdeG durante a súa intervención inicial no Comité nacional, que decorre este sábado na capital galega.


Pachi Vázquez apelou ao longo da súa intervención no Comité nacional [email protected] socialistas, á necesidade de abriren "un período de análise e debate profundo sobre o camiño que debe seguir o socialismo galego e español para recuperar a credibilidade perdida". Esa é para Vázquez a principal eiva que está a padecer o proxecto político que representan, non só na Galiza senón no Estado español.

Cun discurso centrado na análise dos resultados electorais obtidos pola formación nas eleccións ao Parlamento galego, Vázquez salientou a perda de confianza "do noso electorado habitual" que ao seu entender "non nos cre", o que motivou "o castigo ao que fomos sometidos nas eleccións municipais, nas autonómicas e nas xerais".

Asumindo a súa propia responsabilidade, Pachi Vázquez asegurou que @s socialistas afrontaban as eleccecións "nunhas circunstancias que dende logo non eran o mellor escenario para concorrer" e apelou ao proceso de mudanzas "internas e o desgaste que iso conleva" para afirmar que non só foran "erros propios" os que desencadearan a diminución de apoios o 21-O.

Neste senso, Vázquez asegurou que "toca analizar as causas" da perda de confianza que padece o proxecto socialista, mais engade "non é un problema exclusivo do socialismo galego, é un problema do socialismo español", sentenciou ao tempo que engadíu, "o noso partido adoece neste momento de falta de confianza", cuestión cuxa solución pasa, segundo o líder do PSdeG, por re-pensar o discurso político e o proxecto a defender "nunha sociedade en crise", dixo. Así pois, emprazou á militancia socialista a enfrontar "un debate a fondo" cara a "renovación" do proxecto e da propia formación a través do tratamento --de cara ao Congreso extraordinario que terá lugar o vindeiro día 13-- de catro eixos fundamentais: política económica, política social, o modelo de Estado e o modelo organizativo.

Vázquez bate contra o PSOE e os 'protagonismos'

Na súa interpelación, Pachi Vázquez recuncou en diversas ocasións na perspectiva estatal e europea e alentou á militancia galega a participar "activamente" na Conferencia política que se convocará no vindeiro Consello federal fixado para mediados de decembro. Para Vázquez, tanto o Congreso extraordinario galego coma a Conferencia política estatal deben "ser a porta de entrada para un novo tempo para o socialismo galego e español".

Así as cousas, o voceiro socialista subliñou a necesidade de que este sexa un tempo "para a militancia" e non "para aventuras persoais", na procura de calmar posíbeis cobizas internas. Aliás, Vázquez asegurou que a organización debía mudar e que as persoas que toman parte da mesma debían "respectar máis ao partido".

Finalmente, fixo un chamamento á militancia para que participe no proceso de debate que se abre, pois dixo, "é o momento de plantexar propostas que axuden a resolver problemas, non a complicalos máis".



x