Pachi Vázquez deixa o PSdeG por diferencias co partido

Pachi Vázquez deixa o PSdeG por diferencias co partido
Pachi vazquez
Pachi vazquez  

“Non partillo case nada do que fai”, sinala o ex secretario xeral dos socialistas galegos. Nos últimos meses soara o seu nome como fichaxe de Ciudadanos.


Manuel Vázquez, Pachi Vázquez, deixa o PSOE, partido no que levaba militando máis de 20 anos, a onde chegara procedente do Centro Democrático e Social (CDS). O que fora secretario xeral do PSdeG de 2009 a 2013 anunciou a decisión a través dunha mensaxe de WhatsApp.

“Vexo que nin o Partido nin as persoas que o representan están cómodas comigo”, afirma.na mensaxe, onde manifesta que “non partillo case nada do que fai a Dirección Federal nin o noso secretario xeral”.

“Agardo que a partir de agoran deixen tranquilos os ‘pachistas’ e o partido teña moitos éxitos”, conclúe na mensaxe de despedida á militancia do PSdeG de quen fora candidato á presidencia da Xunta por este partido en 2012.

O nome de Pachi Vázquez soou nos últimos meses como unha das posíbeis fichaxes de Ciudadanos en Galiza, se ben  fontes da súa contorna desmentiron que ex deputado e ex conselleiro de Medio Ambiente fose dar ese paso.



x