IBARRETXE EN FERROL

"Estar no mapa do mundo non depende nen de Madrid nen de Bruxelas, depende de nós"

"Estar no mapa do mundo non depende nen de Madrid nen de Bruxelas, depende de nós"
Ibarretxe, durante o acto
Ibarretxe, durante o acto  

O ex lehendakari Juan José Ibarretxe abordou esta cuarta feira nunha charla na sociedade cultural Medulio de Ferrol o problema das nacións no Estado español, temática que o profesor da Universidade do País Vasco e director do Agirre Center for Social and Political Studies coñece ben da súa etapa como xefe do Goberno vasco. 


Na súa charla, discurso convincente e clarificador, Ibarretxe explicou o traballo que está a desenvolver desde o Agirre Center en diferentes rexións do mundo, non só no eido da investigación social, da que se declarou un "humilde" membro, senón en traballos sobre a recuperación de linguas minorizadas, nomeadamente en América.

 

O e xlehendakari explicou, neste sentido, que "o mundo mudou radicalmente nos últimos vinte anos e iso témolo que asumir" e a súa experiencia no eido da investigación social resúmese en que "para estarmos nunha sociedade global, aínda que pareza contraditorio, temos que dar unha resposta local".

 

"Para estarmos no mundo", engadiu, "temos que achegar algo propio e diferente. Cal é o problema? Que nin Galiza nin tampouco o País Vasco estamos no mapa do mundo". "E iso", subliñou, "non depende nin de Madrid nin de Bruxelas, senón de nós mesmos; se queremos estar no mapa, estarémolo, e se non queremos porque estamos ben como estamos agora, pois non estaremos. E así entregaremos aos nosos fillos e fillas unha sociedade sen proxecto propio". 

 



x