O Parlamento investigará as consecuencias dos recortes en Sanidade e pedirá a comparecencia de Feixóo

O Parlamento investigará as consecuencias dos recortes en Sanidade e pedirá a comparecencia de Feixóo
Imaxe: @EnMarea
Imaxe: @EnMarea  

En Marea, PSdeG e BNG anunciaron que pedirán a comparecencia de Núñez Feixóo e do conselleiro Vázquez Almuiña na comisión parlamentar, onde queren que se investiguen casos como o do falecemento no PAC da Estrada ou as mortes por atrasar tratamentos na Hepatite C, entre outros. Piden o PP que non "boicotee" este órgano. 


En Marea, PSdeG e BNG anunciaron que pedirán a comparecencia de Núñez Feixóo e do conselleiro Vázquez Almuiña na comisión parlamentar, onde queren que se investiguen casos como o do falecemento no PAC da Estrada ou as mortes por atrasar tratamentos na Hepatite C, entre outros.

 

Unha comisión de investigación na que teñan voz “todos” para analizar as consecuencias destes anos de recortes na sanidade pública galega. Os portavoces parlamentares de En Marea, PSdeG e BNG compareceron esta sexta feira para informar da súa petición conxunta para que se active esa comisión na Cámara galega.

 

Luis Villares, Fernández Leiceaga e Ana Pontón indican que pedirán a comparecencia nesa comisión do presidente da Xunta, Núñez Feixoo, e conselleiro de Sanidade, Vázquez Almuiña, así como de representantes de colexios médicos, organizacións sindicais ou plataformas de sanidade pública, entre outros. Neste senso, chaman o PP a "non boicotear" a comisión

 

A comisión, cuxa petición formalizarse esta segunda feira, sairá adiante embora non a apoiar o grupo que ten a maioría absoluta na Cámara, o PP, xa que o regulamento do Parlamento incorpora a posibilidade de crear, de forma automática, unha comisión de investigación en cada lexislatura se o solicitan un terzo dos 75 deputados que pertenzan a un mesmo grupo parlamentario, ou ben dous quintos da Cámara. Confluentes,socialistas e nacionalistas suman 34 parlamentares, polo que poden activar este procedemento.

 

No que atinxe aos temas e cuestión a tratar, a oposición quer esclarecer e analizar casos cmo o do paciente falecido en agosto no PAC da Estrada sen atención médica, ou os falecidos en galiza polo atrasamento nos tratamentos da Hepatite C. Mais tamén a desaparición de áreas sanitarias, o empeoramento en áreas como pediatría…

 

“A política sanitaria de Feixóo acabacoa saúde das persoas”, criticou Villares, que cargou contra o PP pola súa “soberbia” ao “non escoitar” a sociedade e as súas queixas sobre os recortes en servizos como a sanidade. Para Fernández Leiceaga (PSdeG), é importante “que todo o mundo teña voz” na comisión, puidendo así artellar un diagnóstico sobre a situación da sanidade galega após estes anos de recortes.

 

De por parte, Ana Pontón denunciou estes anos de políticas de Deixóo que “devaluaron” a sanidade galega. A nacionalista incidiu en que ao longo destes anos denunciaron que “os recortes matan” e subliñou a importancia “do dereito á saúde das persoas, que é como falar do dereito á vida”. Pontón di que a "desvergoña" do goberno do PP apostando en "tapar" con "publicidade" as consecuencias dos recortes "derixa ás claras" a necesidade da comisión.



x