O PSOE VIGUÉS ADVIRTE QUE ESTÁ DISPOSTO A INVESTIGAR "A RELACIÓN DE FEIXÓO CO NARCO MARCIAL DORADO"

O Parlamento investigará o accidente do Marisquiño

O Parlamento investigará o accidente do Marisquiño
vigo marisquiño pasarela
vigo marisquiño pasarela  

A iniciativa, presentada por En Marea e BNG, contou co voto favorábel destas dúas formacións, a abstención do PP e a oposición do PSdeG


O Parlamento de Galiza investigará o accidente do Marisquiño, sinistro no que o pasado 12 de agosto resultaron feridas máis de 450 persoas ao derrubarse parte do paseo de adeira do porto de Vigo. A moción presentada por En marea e BNG pedindo a creación dunha investigación  sobre o sinistro saíu adiante cos votos dos propoñentes e grazas á abstención do PP. O PSdeG votou en contra.

 

Luis Villares (En Marea) e Ana Pontón (BNG), coincidiron en salientar a necesidade desta comisión, tanto para aclarar e "dar resposta" ao sucedido aquel 12 de agosto como para evitar que feitos deste tipo popidan volver repetirse. Desde o PP, a deputada Teresa Ejerique, defendeu a postura bstencionista do seu partido en que "queremos transparencia e non queremos un circo", ao tempo que cargaba contra Abel Caballero, acusando o alcalde vigués de opacidade.

 

Cómpre lembrar que a maioría socialista impedíu no Concello de Vigo que se abrise unha comisión de investigación sobre O Marisquiño. Caballero xustificou a decisión afirmando que debe ser "a xustiza" quen dirima "responsabilidades" polo sucedido.

 

Desde o socialismo vigués advertírase ao PP a inicios desta semana que estaban dispostos a crear dúas comisións no Concello de Vigo, unha sobre as relacións de Feixóo "con Marcial Dorado" e outra sobre a "discriminación" da cidade por parte do goberno galego.



x