Paula Quinteiro critica ante Rueda a baixa execución dos orzamentos en igualdade

Paula Quinteiro critica ante Rueda a baixa execución dos orzamentos en igualdade
Paula Quintero, esta terza no debate parlamentario. (ECE)
Paula Quintero, esta terza no debate parlamentario. (ECE)  
A deputada de En Común da Esquerda advirte que “de pouco serven os pactos contra a violencia de xénero se non se dedican recursos suficientes”.

“Gustaríanos falar da baixa porcentaxe de execución dos orzamentos de igualdade ou sobre a súa negativa a adicar nos orzamentos deste ano nin sequera 1 de cada 100 euros á loita contra a violencia machista”, díxolle esta terza feira Paula Quinteiro, deputada do Grupo En Común da Esquerda, a Alfonso Rueda, o vicepresidente da Xunta, durante a comparecencia deste no Parlamento para explicar as medidas previstas en Galiza no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

A deputada tamén incidiu na necesidade de dedicar máis recursos a políticas de igualdade: “de pouco serven os pactos contra a violencia de xénero se non se dedican recursos suficientes, e está claro de que non hai os necesarios. Estanllo dicindo as mulleres que saen ás rúas cada 8 de marzo, que volverán saír o próximo luns e que saen cada vez que hai un asasinato machista”.

Quinteiro tamén dixo “non saber ben a que aterse” ao falar de igualdade co Partido Popular: “hai unha gran contradición entre o que din e o que fan, pactando coa extrema dereita negacionista da violencia de xénero”.