Pilar Cancela recunca como cabeza de lista do PSOE ao Congreso pola Coruña

Pilar Cancela recunca como cabeza de lista do PSOE ao Congreso pola Coruña
[Imaxe: Laura R. Cuba] Pilar Cancela
[Imaxe: Laura R. Cuba] Pilar Cancela  

O PSOE aprobou na mañá do sábado a proposta de candidaturas para o Congreso e o Senado pola Coruña. Unha lista que encabeza a xa deputada Pilar Cancela. Tamén deu luz verde ás candidaturas das municipais da Coruña, Compostela e Ferrol.


A deputada Pilar Cancela recunca como candidata do PSOE pola Coruña, seguida do avogado e vicesecretario do PSdeG, Pablo Arangüena, e da concelleira nas Pontes Montserrat García. Completan a lista Diego Taibo, Natividad González, Jesús Fernández, Beatriz Domínguez e Miguel Ángel Paz.

Aliás, os candidatos ao Senado pola Coruña son Antón Vázquez, Julio Vázquez e Obdulia Taboadela. Así o aprobou na mañá do sábado o comité provincial do PSOE, que tamén confirmou as listas das municipais na Coruña –onde Inés Rei aspira á Alcaldía– e Compostela –con Xosé Sánchez Bugallo– co 89% dos votos e Ferrol –con Ángel Mato– por aclamación.

Candidaturas municipais

Seguen Inés Rei na candidatura ás eleccións municipais da Coruña o ex deputado José Manuel Laxe Tuñas; a actual portavoz do PSOE en María Pita, Yoya Neira; Juan Ignacio Borrego Vázquez; Eva Martínez Acón; Francisco Dinís Díaz Gallego; María Esther Dolores Fontán Prado; Juan Manuel Díaz Villoslada e Diana María Sobral Cabanas.

En Compostela acompañan Bugallo Mercedes Rosón; Sindo Guinarte; Milagros Castro; Gonzalo Muíños; Marta Abal; José Manuel Pichel; Noa Díaz, Javier Fernández e Esther Pedrosa.

 
En Ferrol seguen a Ángel Mato María Jesús Deus Trasobares; Antonio Golpe Díaz; Eva Martínez Montero; Julián Reina Villalón; Ana Lamas Villas; Rafael Fernández Beceiro; Estefanía Gómez García; Gerardo López Castrillón e Ana Beceiro Mosquera.



x