Podemos anuncia primarias perante a posibilidade dun adianto electoral

Podemos anuncia primarias perante a posibilidade dun adianto electoral
Pablo Iglesias_Podemos
Pablo Iglesias_Podemos  

Pablo Iglesias dá por finiquitada a lexislatura.


Pablo Iglesias instou Podemos a estar preparado para un adianto das eleccións xerais, unha posibilidade que o secretario xeral deste partido ve cada vez máis próxima ao se manter a falla de apoio suficiente para aprobar os orzamentos. A posibilidade de acordo entre goberno español e forzas independentistas catalás para sacar adiante as contas xerais reducíronse "ao máximo", dixo.

Para estar preparados, e na liña da mensaxe de Iglesias, o Consello Cidadán de Podemos acordou esta sexta feira activar antes do Nadal o proceso de primarias para escoller candidato á presidencia de goberno español. Iglesias xa anunciou que vai concorrer a este proceso.

"Prepárase ao conxunto da organización para que unha decisión rápida do goberno non poda pillarnos desprevenidos e poder estar preparados para afrontar o adianto electoral con garantías", indican desde Podemos.

Desde Cuba, onde está de visita oficial, o presidente español respondeu a Iglesias que "se tome o seu tempo" pois, afirma, "vai haber bastantes meses antes de que se produza ese feito", dixo Pedro Sánchez referíndose a unha convocatoria electoral.



x