Pokemon: O TSXG toma o relevo á xuíza de Lara para investigar a Paula Prado

Pokemon: O TSXG toma o relevo á xuíza de Lara para investigar a Paula Prado
paulaprado_capa
paulaprado_capa  

A Fiscalía pide ao alto tribunal galego que investigue á deputada e ex-voceira do PPdeG, aforada, informa Faro de Vigo.


A Fiscalía de Galiza pide ao Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) que investigue a Paula Prado, deputada e ex-voceira do PPdeG, aforada, en relación a unha peza separada da Operación Pokemon. Nunha información publicada en Faro de Vigo e asinada por X.A Taboada, sinálase que esa investigación centraríase nas “supostas infraccións penais que na súa etapa como concelleira en Compostela apreciou a xuíza instrutora da operación Pokemon, Pilar de Lara, e polas que abriu unha peza separada” dentro do sumario da corrupción municipal.

Paula Prado é aforada pois é deputada. E iso impide que poida ser imputada por un xulgado de instrución. Ante iso, de Lara remitiu o caso ao TSXG para que este órgano decidise se seguir adiante ou non. O alto tribunal galego pediu á Fiscalía un informe e o fiscal deu o visto bo para seguir co procedemento

Agora, a sala do civil ou do penal decidirá se admite ou non a trámite a causa Paula Prada.