Pontón quere que Fernando Blanco “xogue un papel activo” no BNG

Pontón quere que Fernando Blanco “xogue un papel activo” no BNG
No centro, Fernando Blanco, acompañado dos avogados Evaristo Nogueira (esquerda) e Xoán Antón Pérez Lema. Foto: cedida.
No centro, Fernando Blanco, acompañado dos avogados Evaristo Nogueira (esquerda) e Xoán Antón Pérez Lema. Foto: cedida.  

“Sería bo para a vida pública que Fernando Blanco xogase un papel activo no BNG”. Así se expresou esta sexta feira a portavoz nacional da organización, Ana Pontón, ao ser preguntada polo futuro do ex deputado nacionalista e ex conselleiro do bipartito, desimputado logo de oito anos.
 


Como el xa dixo, Fernando Blanco ten todo o apoio do BNG, segue a ser militante do BNG, é unha persoa que coñezo ben no perosal e no políticio e a quen estimo”, afirmou Pontón, quen considera que “sería bo” que traballase activamente dentro da formación frentista.

Blanco, cuxa desimputación transcendeu hai apenas unha semana, explicou en público que “todo na vida ten unha época” e que a súa na política activa xa pasara.

“Evidentemente o seu futuro depende das súas decisións”, advertiu Ana Pontón, “pero o noso apoio e é un militante destacado”. Pontón realizou estas declaracións en Lugo, onde acompañou o candidato do Bloque á alcaldía, Rubén Arroxo.