LORES: "O BNG NON SE VENDE"

Pontón salienta Pontevedra como paradigma do modelo municipal do BNG

Pontón salienta Pontevedra como paradigma do modelo municipal do BNG
Pontón con Lores e Miranda no mitin de Pontevedra
Pontón con Lores e Miranda no mitin de Pontevedra  

Pontevedra foi a cidade elixida polo BNG para celebrar o seu primeiro mitin de campaña. O concello internacionalmente recoñecido polo seu modelo de cidade é ademais bastión electoral do BNG. As últimas enquisas sitúan a Lores con grandes probabilidades de lograr a que sería a súa primeira maioría absoluta.


A cidade do Lérez acolleu o primeiro mitin da campaña electoral do BNG. Pontevedra, internacionalmente recoñecida polo seu modelo de cidade, é un dos máis fortes bastións electorais do BNG e, segundo as últimas sondaxes, o nacionalismo ten ao alcance da man a que sería a súa primeira maioría absoluta, após levar gobernando a cidade con Miguel Lores na alcaldía desde o ano 1999.

"Onde o Bloque goberna melloramos a vida das persoas, con concellos honestos, libres de corrupción, que saben xestionar", afirmou Pontón

“Orgullosa do Bloque” afirmou sentirse a portavoz nacional da fronte, Ana Pontón, polo modelo municipal de éxito de Pontevedra e augurou a súa extensión polos concellos de Galiza. Nese sentido afirmou Pontón que a cidade do Lérez conta “cun modelo municipal que funciona” e engadiu que onde o Bloque goberna “melloramos a vida das persoas, con concellos honestos, libres de corrupción, que saben xestionar cada euro, exemplos de democracia participativa, feministas e sustentábeis”.

Desde o Teatro Principal de Pontevedra, Pontón puxo a urbe nacionalista tamén como  exemplo “de que a política é a solución, de que non todos somos iguais e de que para ter un futuro prometedor é clave confiar no país”. Razóns esgrimidas por Ana Pontón coas que quixo apelar a sumar más apoios ao BNG de Pontevedra nas vindeiras eleccións do 26 de maio e aludiu a que esa é a única maneira de continuar avanzando.

D6OnGzMX4AUhYaoO BNG non se vende” afirma Lores, quen fai un balance positivo das políticas levadas a cabo en Pontevedra

Pola súa banda, o alcalde da cidade e candidato á reelección, Miguel Anxo Fernández Lores, salientou que estes últimos catro anos conformaron o mandato máis frutífero da vida municipal de Pontevedra, e mencionou ante un ateigado Teatro Principal as políticas realizadas polo seu goberno no rural e no urbano, nos servizos, dotacións e infraestruturas así como na dinamización cultural, social e deportiva”, recalcando a  proxección exterior da cidade en referencia aos recoñecementos internacionais que recibiu Pontevedra polo seu modelo de cidade.

Lores recalcou a  proxección exterior da cidade en referencia aos recoñecementos internacionais que recibiu 

En canto á Ence, Lores afirmou que hai anos os seus directivos lle dixeran que era máis económico para a empresa “cambiar a opinión pública que trasladar a fábrica” e acusounos nese sentido de teren “comprado o PP que lle cambiou a Lei de Costas e lles concedeu unha prórroga fraudelenta” e sentenciou que “o BNG non se vende”.


Lores finalizou a súa intervención no Teatro Principal comprometéndose coa cidadanía a conseguir unha Pontevedra avanzada, culta, tolerante, cohesionada, igualitaria, inclusiva, innovadora, respectuosa co medio e co patrimonio.

Ana Miranda afirma que o escano europeo do BNG foi fiábel e eficaz na defensa dos intereses de Galiza

A eurodeputada e candidata ao parlamento europeo, Ana Miranda, salientou que o BNG demostrou ser “unha forza eficaz e fiábel na defensa dos intereses de Galiza” desde as institucións da Unión Europea, polo que pediu o apoio de todas as persoas que desexen contar cun voto e unha voz firmes á hora de defender os intereses das galegas e dos galegos.

“Outra Europa é posíbel” afirmou Miranda no Teatro Principal

A candidata Miranda recordou o traballo realizado, e o seu compromiso a continuar defendendo “os sectores produtivos galegos, a dignidade das vítimas do Alvia e unha seguridade ferroviaria que impida outra traxedia”. Así mesmo comprometeuse a pular polo avance do feminismo e dos dereitos das mulleres e reivindicou a candidatura do BNG como unha aposta ecoloxista e sinalou Sogama como unha urxencia a mudar.

“Outra Europa é posíbel” afirmou Miranda no Teatro Principal, e contrapuxo a UE das multinacionais ao comercio local; a burbulla inmobiliaria ao urbanismo sustentábel e o modelo neoliberal da Troika fonte á defensa dos dereitos e as liberdades”.