Portos de Galiza, 76% das actuacións mediante contratos “sen garantía” nin “control”

Portos de Galiza, 76% das actuacións mediante contratos “sen garantía” nin “control”
Juan José Durán, presidente de Portos de Galiza
Juan José Durán, presidente de Portos de Galiza  

Denunciouno no Parlamento o PSdeG.


Durante 2017 Portos de Galiza contratou até 76% das actuacións rexistradas mediante contratos menores cuxo control é difícil a nivel parlamentar. É 3 de cada 4 euros cando en 2016 mediante ese procedemento de contratación foron 1 de cada 2 euros (50%). É a denuncia que fixo no Parlamento a portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Loli Toja.

A deputada socialista explicou que dun total de 5,7 millóns de euros en obras, contrataron 4,3 a través dun proceso “que permite esquivar as garantías e control orzamentario, fronte a tan só 628.000 euros, 11 por cento, a través de concurso”.

Sinala que o uso de contratos menores “debera ser a excepción, pero tense convertido en habitual”, e reclamou “respecto pola necesaria transparencia” nas actuacións dun ente que xestiona 122 portos competencia da Xunta.



x