O PP controla a comisión de investigación sobre a sanidade impulsada pola oposición para fiscalizar a política sanitaria da Xunta

O PP controla a comisión de investigación sobre a sanidade impulsada pola oposición para fiscalizar a política sanitaria da Xunta

Os populares copan a presidencia e vicepresidencia da comisión forzada por En Marea, PSdeG e BNG para investigar a morte dun paciente no PAC da Estrada e outras consecuencias dos recortes sanitarios do PP.


“É evidente que o PP non vai estar cómodo nesta comisión de investigación”. Afirmábao nunha conversa con Sermos Galiza Eva Solla, vicepresidenta do Parlameno e portavoz de Sanidade de En Marea., ao cabo da comisión impulsada pola oposición para investigar as consecuencias dos recortes sanitarios do Partido Popular.  Por iso o PP é consciente da importancia de tentar controlar a comisión, o quer ten doado grazas á súa mayoría absoluta.

O PPdeG controlará a comisión. Así, a deputada popular Marta Rodríguez Arias presidirá este organismo, mentres que ocupará a vicepresidencia o tamén popular Jesús Miguel Prado Patiño. Mentres, a deputada de En Marea Eva Solla, por parte da oposición, ocupará o posto da secretaría.

Nesta comisión, os populares achegan sete dos 12 membros. Por parte de En Marea figuran o portavoz parlamentario, Luís Villares, e a portavoz en Sanidade, Eva Solla (secretaria); mentres que o PSdeG achega Julio Torrado (responsábel deste tema), e o seu portavoz parlamentar, Xoaquín Fernández Leiceaga. O BNG sitúa nesta comisión Ana Pontón.

O título da comisión indica que pretende determinar as "consecuencias dos recortes e privatizacións sobre o sistema sanitario galego (2009-2018), con especial incidencia en casos como a non dispensación de medicamentos necesarios a enfermos de Hepatite C ou o falecemento dun paciente sen atención na PAC da Estrada".



x