POLÍTICA E DEPORTE, DA MAN

O PP fai campaña co Celta de baloncesto

O PP fai campaña co Celta de baloncesto
Un momento da visita [Imaxe: twitter]
Un momento da visita [Imaxe: twitter]  

Ana Pastor, José Ramón Lete e Elena Muñoz acudiron á concentración do Celta Zorka de baloncesto feminino nas horas previas á desputa da fase de ascenso a Primeira División en Tenerife. 


A campaña electoral do Partido Popular chegou hoxe a Navia, onde se atopa concentrado o Celta Zorka antes da desputa da fase de ascenso a Primeira División de baloncesto feminino que terá lugar en Tenerife. O séquito popular, encabezado pola presidenta do Congreso dos Deputados e candidata nas eleccións xerais por Pontevedra, Ana Pastor; o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, e a candidata á Alcaldía de Vigo, Elena Muñoz, acudiu a un dos adestramentos do conxunto feminino de baloncesto da entidade viguesa "para desexarlles sorte" nesta fase da competición.

Non é a primeira vez que o Celta se presta a colaborar nun acto político do Partido Popular. Hai uns meses, a comezos de febreiro, o clube vigués exercera de anfitrión nun mitin do presidente do partido, Pablo Casado, sobre a unidade de España.