O PP ficha o xerente da patronal dos hospitais privados de Galiza

O PP ficha o xerente da patronal dos hospitais privados de Galiza

José R. Santamaría será o nº 2 da candidatura do Partido Popular de Vigo para as municipais de maio.


De xestionar a patronal dos hospitais privados de Galiza ao nº 2 da candidatura do PP de Vigo para as municipais de maio. José R. Santamaría, membro fundador de Ahosgal, asociación que representa eses complexos hospitalarios, salta á política da man do Partido Popular. Santamaría deixa o seu cargo en Ahosgal.

A evolución das partidas destinadas a concertos coa sanidade pública nestes anos sitúa Galiza como o territorio onde este concepto rexistrou un maior aumento porcentual. Segundo recolle o informe Sanidade privada, achegando valor 2019, elaborado polo Instituto para o desenvolvemento e integración da sanidade, o maior incremento en porcentaxe nese capítulo no conxunto do Estado español deuse en Galiza e Balears, con 0,4% de aumento. No caso do noso país son case 230 millóns de euros os que se orzamentan nesa partida.