O PP impide que Feijóo dea explicacións no Parlamento sobre a fraude nos cursos de formación

O PP impide que Feijóo dea explicacións no Parlamento sobre a fraude nos cursos de formación

A oposición reclamou a comparecencia do presidente ante a imputación de persoas próximas ao presidente e cargos da administración pública.


O PP botou man da súa maioría para impedir que Núñez Feijóo comparece no Parlamento de Galiza para dar explicacións sobre a imputación de persoas moi próximas ao presidente e cargos da Xunta no proceso aberto pola presunta fraude nos cursos de formación. Os populares din que toman esta decisión para evitar entrar no xogo suxo da oposición. A oposición critica que non queira dar explicacións.

O portavoz parlamentar do BNG, Francisco Jorquera, dixo que, os mecanismos de control non funcionaron no “escándalo” dos cursos de formación. Sobre a imputación de Pachi Lucas, o auto considera confirmados os indicios que apuntan a un delito de tráfico de influencias ao actuar como “conseguidor” de Gerardo Crespo. Quero lembrar, dixo Jorquera que Pachi Lucas é unha persoa do “círculo intimo do Sr. Feijóo” e o Presidente da Xunta non pode dar “a calada por resposta”, debe comparecer e dar explicacións, recalcou.