PP de Ourense desmárcase da decisión da Xunta de fechar o paridoiro de Verín

PP de Ourense desmárcase da decisión da Xunta de fechar o paridoiro de Verín
Manifestaciçón en Verín contra o feche do paridoiro do Hospital de Verín. (E.P)
Manifestaciçón en Verín contra o feche do paridoiro do Hospital de Verín. (E.P)  

Con Cs e Democracia Ourensá presenta unha moción conxunta na que piden manter os servizos no Hospital verinés.


O PP de Ourense desmárcase da Xunta e considera que o feche do paridoiro do Hospital de Verín “non contribúe a garantir a igualdade de oportunidades e gozar dos servizos que a poboación demanda para unha digna calidade de vida nas comarcas de Monterrei e Conso-Frieiras".

Así se manifesta nunha moción conxunta subscrita polo PP, Ciudadanos e Democracia Ourensá ·e presentada no pleno da Deputación de Ourense. As tres formacións instan a Consellería de Sanidade a que "manteña e mellore" os servizos que se prestan no Hospital de Verín ao tempo que pediron a reprobación do portavoz socialista en Ourense, Rafael Rodríguez Villarino, ao que acusan de practicar a "manipulación, mentira e insulto" sobre o peche do paridoiro neste centro.

Ademais, o texto pide á Consellería de Sanidade que "dote, manteña e mellore os servizos que viñan prestando" no Hospital de Verín para "garantir a calidade asistencial" dos veciños no oriente ourensán, concretamente "o servizo de paridoiro".