O AFUNDIMENTO DO PP

O PP perdeu a maioría absoluta en 108 concellos galegos

O PP perdeu a maioría absoluta en 108 concellos galegos
Feixoo e Baltar
Feixoo e Baltar  

O Partido Popular perdeu no 28A a súa hexemonía en toda Galiza, despedíndose da maioría absoluta en 108 concellos e deixando atrás a súa condición de forza máis votada.


Os comicios do 28 de abril marcan un antes e un despois no mapa político galego. O Partido Popular perde toda a súa hexemonía en Galiza, deixándose a maioría absoluta até en 108 localidades do país respecto dos resultados acadados nas xerais de 2016 e caendo do ranking histórico do PP de ser a forza política máis votada. O PSdeG superou por vez primeira o PP nas sete cidades e logrou ser a forza máis votada en 117 concellos.

Só na circunscrición da Coruña Feixoo perdeu 30 maiorías absolutas.

Un total de 30 maiorías absolutas dos 93 concellos que abrangue a circunscrición electoral da Coruña xa son cousa do pasado para o PP.

Ademais, deixou de ser a forza máis votada en 39 concellos e noutros 2 perdeu tanto a absoluta como o primeiro posto en forza máis votada (Sobrado dos Monxes e Vimianzo).

Así, o Partido Popular perdeu na circunscrición da Coruña a maioría absoluta nos concellos da Baña, Aranga, Arzúa, Boimorto, Boqueixón, Cabana de Bergantiños, Cerdido, Coirós, Curtis, Frades, A Irixoa, Laxe, Lousame, Mañón, Mazaricos, Melide, Moeche, O Pino, Ortigueira, Outes, Oza-Cesures, Rois, Santa Comba, Santiso, Touro, Trazo, Val do Dubra, Vilarmaior e Zas.

O PP foi expulsado do primeiro posto en 39 prazas

Unicamente en tres concellos foi quen o PP de manter a absoluta: Toques, Tordoia e Vilasantar.

Foi expulsado do primeiro posto en 39 prazas: A Coruña, A Pobra do Caramiñal, Ames, Ares, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Boiro, Brión, Cabanas, Camariñas, Cambre, Carballo, Cariño, Carnota, Carral, Cedeira, Cee, Cerceda, Culleredo, Ferrol, Miño, Monfero, Mugardos, Muros, Muxía, Narón, Neda, Negreira, Oroso, Paderne, Ponteceso, Pontedeume, Sada, Santiago de Compostela, Teo e Valdoviño. Ademais, tanto en Culleredo como en Ferrol pasou a ser a terceira forza.

Na circunscrición de Pontevedra o PP perde 17 absolutas

Dos 61 concellos encadrados na circunscrición de Pontevedra, o PP perdeu a maioría absoluta en 17 e deixou de ser quen ostentaba o primeiro posto en 20 localidades.

A absoluta perdeuna en Agolada, A Lama, Arbo, Barro, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, Silleda, Vila de Cruces, Covelo, Crecente --aínda que quedou preto--, Lalín, Forcarei, Meaño, Meis, Rodeiro, Valga e Vilanova de Arousa. Só conserva a de Dozón.

Do primeiro posto despediuse en 20 localidades

Do primeiro posto despediuse en 20 localidades: Caldas, Catoira, Cuntis, Gondomar, Moaña, Mondariz, Mos, Nigrán, O Porriño, O Rosal, Ponteareas, Ponte Caldelas, Pontevedra, Redondela, Salvaterra, Tomiño, Tui, Vigo, Vilaboa e Vilagarcía de Arousa.

Na cidade de Vigo non só deixa de ser o máis votado, senón que pasa a ocupar o terceiro posto.

O PP perde en Ourense 32 maiorías absolutas das 62 que lograra.

Nas eleccións xerais de 2016 o PP conseguira a absoluta en 62 concellos. Agora esta marca queda só en 30 localidades, dicindo adeus á absoluta noutras 32. Ademais, en 16 concellos perde tamén o primeiro posto como forzxa máis votada.

Quedan pois sen a maioría total do PP: A Peroxa, Baños de Molgas, Beade, Celanova, Cenlle, Laza, Lobios, Maceda, Manzaneda, Maside, Melón, Montederramo, O Carballiño, Os Blancos, Paderne de Allariz, Piñor, Punxín, Rairiz de Veiga, Ramirás, Riós, San Amaro, San Cibrao, San Xoán de Río, Taboadela, Toén, Trasmirás, Verea, Viana do Bolo, Vilar de Barrio, Vilardevós, Vilariño de Conso, Xinzo de Limia e Xunqueira de Espadanedo.

O PP di adeus a 28 absolutas en Lugo e a ser primeira forza en 23 concellos.

Feixoo ve arrebatado polo PSdeG o primeiro posto do seu partido en 23 concellos e perde a maioría absoluta en 28: A Pastoriza, Antas de Ulla, As Nogais, Baleira, Baralla, Barreiros, Becerreá, Bóveda, Castro de Rei, Cospeito, Folgoso do Courel, Meira, Monterroso, Muras, O Incio, O Páramo, O Saviñao, O Vicedo, Outeiro de Rei, Pantón, Portomarín, Riotorto, Samos, Sober, Taboada, Trabada, Triacastela e Vilalba.

En 1993 e no ano 2000 Vilalba acadou para o PP máis do 70% dos sufraxios

Vilalba esquece o pasado de Fraga.

Na vila natal de Fraga perde por primeira vez o PP nunhas xerais a súa maioría absoluta. O concello onde naceu quen foi ministro franquista e presidente da Xunta, chegou a alcanzar en 1993 e no ano 2000 máis do 70% dos sufraxios para o PP.

En Común Unidas-Podemos case foi primeira forza en Cangas.

En Común-Unidas Podemos quedou como terceira forza en Galiza, mais en Cangas conseguiu situarse como segunda por detrás do PSdeG a menos de 100 votos.

O BNG dobra os votos respecto ás anteriores xerais.

O BNG revalidou o seu mellor resultado no concello de Moeche, sendo a segunda forza política cun 26,01%. As súas mellores marcas foron en Allariz, obtivo un 21,37%, en San Sadurniño logra un 18,60%, en Soutomaior un 15,30%, en Vilasantar 14,75%, Corcubión con 14,21% e Barro con 13,87%, salientando entre as cidades o resultado de Santiago cun 8,81% dos votos.

O BNG revalidou o seu mellor resultado no concello de Moeche, sendo a segunda forza política

En Marea queda terceira forza en Manzaneda.

En Marea colleu o seu posto máis alto en Manzaneda, onde resultou terceira forza política colleitando un 9,24% do voto.

Ciudadanos ten a súa mellor marca en Lugo.

O partido de Rivera obtivo dúas deputadas por Galiza e quedou como terceira forza en 17 concellos da circunscrición de Lugo.